Warwick Brown
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1949 (74 anos) Sydney, Australia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de carreiras, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Warwick Brown (nado en Sydney, 24 de decembro de 1949) é un expiloto de Australia.
Andaina
[editar | editar a fonte]Brown participou nun único Gran Premio da Fórmula Un, o 10 de outubro de 1976. Pilotou un coche de Wolf-Williams Racing no Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 e terminou 14º, a cinco voltas do gañador James Hunt. Brown sufriu a perda da terceira e quinta marcha durante a carreira, así como problemas cos freos traseiros.[1]
Brown tivo máis éxito nas series Tasman, que gañou en 1975, pilotando un Lola T332 Chevrolet. Tamén gañou a Rothmans International Series en Australia dúas veces, en 1977 pilotando un Lola T430 Chevrolet e en 1978 pilotando un Lola T332 Chevrolet, ambos para o equipo de VDS. No curso de gañar estas series, Brown tamén gañou o Gran Premio de Nova Zelandia de 1975 e o Gran Premio de Australia de 1977.
Logo de competir no Campionato SCCA / USAC de Fórmula 5000 en América do Norte de 1974 a 1976, Brown disputou as Can-Am Series e foi o subcampión detrás do seu compañeiro australiano Alan Jones na Serie de Can-Am de 1978 pilotando un Lola T333CS-Chevrolet para o equipo de VDS.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | Wolf-Williams Racing | Wolf-Williams FW05 | Ford V8 | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA 14 |
XPN | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Young, Eoin, "James Hunt: Against All Odds", Hamlyn, 1977, p. 132.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Warwick Brown |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tasman Series Consultado en www.sergent.com.au o 22 de xullo de 2009
- Formula 5000 in New Zealand & Australia Consultado en Google Books o 22 de xullo de 2009
- Formula A and Formula 5000 in America Consultado en Google Books o 22 de xullo de 2009